Benvido á Oficina Electrónica da Autoridade Portuaria de Vigo

Hoxe en día, as tecnoloxías da información e as comunicacións están afectando moi profundamente á forma e ata ao contido das relacións dos seres humanos entre si e das sociedades en que se integran.

Unha Administración á altura dos tempos en que actúa ten que acompañar e promover o uso das comunicacións electrónicas en beneficio dos dos cidadáns que deben ser os primeiros e principais beneficiarios do salto, impensable fai só unhas décadas, que se produciu no campo da tecnoloxía das comunicacións electrónicas.

A mellora do servizo ao cidadán constitúe a principal razón de ser da «Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos»

As tecnoloxías da información fan posible achegar a Administración ata os fogares dos cidadáns ou ás oficinas e despachos das empresas e profesionais, permitindo relacionarse con ela sen colas nin esperas. Desde xeito, mellórase o servizo ofrecido grazas ao aforro de tempo dedicado a estes trámites, á vez que desaparece o inconveniente de ter que desprazarse ata as oficinas das distintas Administracións.

Ademais diso, facilítase sobre todo o acceso a aquelas persoas que antes tiñan grandes dificultades para chegar ás oficinas públicas, por motivos de localización xeográfica, de condicións físicas de mobilidade ou outros condicionantes, e que agora se poden superar polo emprego das novas tecnoloxías. Dáse así un paso transcendental para facilitar, en igualdade de condicións, a plena integración destas persoas na vida pública, social, laboral e cultural.

A Autoridade Portuaria de Vigo pon a disposición dos cidadáns e das empresas os servizos definidos na Carta de Servizos e acceder o Cartafol de Ciudadanía.

EUGO  DNI  eAdmon  BOE  060  AGPD